top of page

The Sound Carpet en concerto no Café A Farola

by Catrogatos

Domingo, 9 de xuño de 2013
O pasado venres día sete de xuño cara ás once da noite no Café A Farola da Estrada, o grupo local The sound carpet ofrecía o seu primeiro directo con esta banda nun local abarrotado para a súa presentación en público.

Como lles diciamos na noticia previa a banda de rock pop non defraudou os espectadores, alternando temas con letras en inglés e en castelán, con marcado estilo propio e gran calidade musical.
Non faltaron temas como Cat on heat ou My cosmic girl que conseguiron poñer de pé o público, así como o Tic-Tac anunciando a eternidade, dedicado a Anxo, autor da súa letra e cantante do anterior grupo, Rede hot chili frikis.
Para a ocasión, tampouco faltou a alfombra que dá nome ao grupo formado por Alex Lorenzo (voz e guitarra), Rubén Abel (guitarra), Valentín Torrado (baixo) e Javier Paz (batería).

Outro acerto musical do Café A Farola cunha oferta local que obriga a felicitalos, así como a The sound carpet por espertar A Estrada e demostrar que esta está viva e nela se forxa tamén ese tan necesariorock and roll.

Máis información sobre o grupo no Facebook de The sound carpet.

bottom of page